Radio Oceánica

Na segunda temporada do programa Radio Oceánica, en Radio Galega Música, a dirección do programa propuxo a Proxecto-ds a creación da imaxe gráfica e a presenza web do programa, así como o mantemento e espazo nos nosos servidores. Radio Oceánica é un programa da Radio Galega Música que naceu para dar cobertura a un dos momentos máis prolíficos da música galega, o seu espírito coincide totalmente co do colectivo e por iso o apoio foi total.