Podgalego

Podgalego é unha iniciativa nada no Lab-ds, que nos primeiros momentos de expansión do podcast e a raíz da experiencia e-music pretendía clasificar os podcast galegos e crear unha comunidade de oíntes entorno a eles. O obxectivo conseguiuse e aínda hoxe se pode consultar o directorio en podgalego.org. A iniciativa naceu entre Sak, Ictioscopio e Goretoxo, sendo os dous primeiros os que administrarían o sitio ata hoxe. Serviu como centralizador da actividade podcaster galega, pero tamén como lugar onde obter información sobre podcasting, o que levou aos administradores a palestras sobre o tema en diversos cursos e actividades.
Entre os fitos do proxecto podemos destacar a primeira xuntanza podcasteira, a preparación do fallido 1º Foro podcasteiro galego, a publicación da invención do podcrossing por parte da comunidade de podgalego e a análise e amplísimas referencias a podgalego na tese doutoral de Toni Sellas da Universitat Internacional de Catalunya sobre podsfera hispana.