E-radio

É un proxecto que ten como obxectivo a creación dunha radio na rede para galegos, partindo de contidos xa existentes: podcast, streaming, música… Podería considerarse como un agregador sonoro de alto nivel, que condensa o mellor da rede, nas linguas de uso dos galegos: galego, português, español e inglés, nun fluxo de streaming ben organizado nunha grella que se actualiza automaticamente.

A maior dificultade é conseguir un software e unha configuración deste que consiga o obxectivo do proxecto, para despois entrar nunha fase de inserción de fontes de contido.