Conecta-ds
Conecta-ds foi a primeira plataforma de comunicación en internet do colectivo. Nun primeiro momento xurdiu para dar resposta as inquedanzas universitarias dalgúns membros do colectivo. Axiña este modelo habería dar paso a unha apertura tanto nos contidos como nos editores. Os contidos tratados cubrían diferentes disciplinas, principalmente: deseño, moda, música, arte, exposicións… Tratados dende un punto de vista próximo e local pero tendo sempre como referente o mundo que se abría gracias as novas posibilidades da rede.
Tanto a web como as publicacións están hoxe desaparecidas no limbo o igual que sucedeu con outros proxectos do colectivo aloxados no anterior servidor e que sufríu un desafortunado problema técnico que nos fixo voltar a comezar de novo con todos os proxectos en internet.