Análises sectoriais de Galicia dende a perspectiva do producto

Dende Proxecto-ds creemos nas posibilidades da economía galega, na súa industria, nos seus creadores e emprendedores. Queremos amosar o seu verdadeiro potencial máis como unha realidade latente que coma unha utopía.

Dende esta certeza plantexamos a elaboración dunha serie de análises sectoriais en diferentes campos relacionados co producto, dende o seu desenvolvemento ó seu consumo. Buscamos amosar as aptitudes e actitudes do tecido productivo galego en campos coma a moda, a alimentación, o mobiliario ou o deseño.