Repetimos moito a palabra proxecto no noso colectivo, mesmo no seu propio nome. A razón é que para nós os proxectos son as ideas levadas á realidade, proceso que habitualmente precisa de varias persoas, de ahí a creación do colectivo, e que en algúns casos non teñen unha data de finalización definida pois estamos a falar de ideas.

Aquí tes os proxectos realizados, algúns deles xa rematados e outros abertos no tempo e abertos á participación, polo que podes unirte, redefinilos, facelos teus ou simplemente darlles unha ollada.