En Proxecto-ds hoxe estamos de estrea. Celebramos o Día das Letras Galegas mailo Día de Internet con novo deseño para a nosa web e dándolles saída a dous vídeos que tiñamos na recámara esperando un día coma este para ver a luz dos mundos cibernéticos. Agardamos que disfrutedes delas tanto coma nós.

En agosto do 2007 entrevistamos en Londres a Josephine Gaffikin, Communications Manager do Design Museum da cidade. A entrevista polo momento só está dispoñible na súa versión orixinal en inglés, mais pronto teremos dispoñible a tradución ao galego.


En febreiro do 2009 achegámonos a Santiago de Compostela para visitar no seu estudo aos rapaces de Cenlitrosmetrocadrado, cos que tamén intercambiamos uns cantos minutiños.

Maio do 2011