Proxecto-ds

Proxecto-ds está de estrea
En Proxecto-ds hoxe estamos de estrea. Celebramos o Día das Letras Galegas mailo Día de Internet con novo deseño para a nosa web e dándolles saída a dous vídeos que tiñamos na recámara esperando un día coma este para ver a luz dos mundos cibernéticos. Agardamos que disfrutedes delas tanto coma nós.

En agosto do 2007 entrevistamos en Londres a Josephine Gaffikin, Communications Manager do Design Museum da cidade. A entrevista polo momento só está dispoñible na súa versión orixinal en inglés, mais pronto teremos dispoñible a tradución ao galego.

En febreiro do 2009 achegámonos a Santiago de Compostela para visitar no seu estudo aos rapaces de Cenlitrosmetrocadrado, cos que tamén intercambiamos uns cantos minutiños.

En defensa dos dereitos fundamentais en Internet
Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que…

Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e a liberdade de expresión.

A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.

A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.

A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria culturais, se non de moitas fontes distintas.

Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.

Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.

Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.

Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.

Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata de outro tema.

Algunhas cousas por contar
O pasado 21 de maio o noso compañeiro e responsable da sección, Moda na Rúa, Juanma Lodo, presentou no Festival de Cans a súa primeira curtametraxe: “Do soño o esquecemento. O Túnel do Tranvía de Mondariz a Vigo.” do que é director. Tamén formaron parte do seu equipo, Daniel Goyanes e Iria González, antigos membros de Proxecto-ds, os que quero felicitar dende aquí por ter feito un gran traballo.

“Do soño o esquecemento” fala do soño dun home, Don Henrique Peinador Vela, que quería achegar o progreso abrindo Mondariz ó mundo vía Vigo. Un home cun proxecto que merece a pena ser recordado hoxe.

<object width="470" height="377"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="movie" value="http://www.vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=985684&server=www.vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=306b9e&fullscreen=1" /><embed src="http://www.vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=985684&server=www.vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=306b9e&fullscreen=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" width="470" height="377"></embed></object>

Tamén o pasado mes de maio, viu a luz o esperado segundo disco de Projecto Mourente, no que Carlos Valcárcel obsequia os nosos ouvidos con novos sons baixo o nome de “Kara·o·ke”.

Un compendio de cancións electropop hedonistas, que se todavía non bailache, non poderás deixar de facelo en canto descargues o disco de balde de A Regueifa Plataforma ou tamén podes mercalo por tan só 9 euros. 10 cancións, 1 versión e 3 remixes moi adecuados para a tempada estival de longas noites de baile sen fin.

Grazas a Carlos por confiar en nós para supervisar técnicamente as capas do disco que el mesmo deseñou; un pracer.

E por último gustaríanos compartir con vos, un artigo que limos na revista do Reino Unido, Wallpaper*; unha das revistas de referencia mundial no eido do deseño. O artigo está publicado no número do pasado mes de abril. O tema do artigo en cuestión é Sargadelos.

O artigo titulábase “Clay station” e nel os británicos presentaban ós seus lectores de xeito resumido a historia da que posiblemente é a empresa máis innovadora de Galicia por tradición e traxectoria.

Repásase como Sargadelos se foi adaptando a cada tempo e como se foron sucedendo as propostas creativas dende o comezo do Laboratorio de Formas de Luís Seone e Isaac Díaz Pardo, até as actuais incorporacións como a da deseñadora Laura Lucio, procedente da tamén empresa galega, Zara Home. Xunto coa incorporación da xove deseñadora fan un repaso a colaboracións existentes entre Sargadelos e outros deseñadores españois e internacionais que están creando para a empresa galega.

Moda na rúa. Nova tempada
Estreamos nova páxina, nova cámara e novas fotos; que tamén poderedes ver impresas en papel no número 18 da revista Dot.

Unha vez máis saímos á rúa en busca do estilo persoal que cada un crea cando vai de tendas, rescata unha peza do seu propio fondo de armario, de seus pais ou ata de seus avós.

Formas de vestir distintas, implican xeitos diferentes de pensar e de ve-lo mundo. ¿Defínete a túa roupa? ¿Cal é o teu estilo? ¿Porqué nos gustan unhas cores e formas determinados? ¿Quen crea as tendencias? Estas son preguntas que nos facemos de cando en vez.

Non pretendemos dar respostas. Só buscamos ser o reﬂexo da moda que se leva na rúa, no día a día da xente como ti. Roupa de traballo, para ir estudar, saír a divertirse, ir de compras ou dar un paseo. Non té podemos dicir nin cando, nin onde; pero si avisar que o obxectivo da nosa cámara estará preparado.

As miñas máis sinceras desculpas, ás persoas fotografadas no Moda Na Rúa de Ourense o 12/01/08, pola tardanza e ás fotografadas en Vigo o pasado venres 21/03/08 por perder as fotos dese día.

Un saúdo. Vémonos na rúa.

Proxecto-ds. E van cinco.
Este é o novo espazo na rede de proxecto-ds, o punto de fuga das ideas, proxectos, pensamentos e calquera cousa que poida sair do colectivo creativo. Non é a primeira vez que comezamos un proxecto público de expresión na rede, e poida que non sexa a derradeira; en todo caso iso dependerá do colectivo e de ti; si, de ti, o lector que fai que queiramos seguir adiante; ou de ti, que nos escribiches e remataches uníndote a proxecto-ds; ou de ti, que fas algo tan xenial que apenas contalo é a nosa ilusión; ou de ti, que acabas de chegar…

O pasado de proxecto-ds está en moitos casos no limbo, e tras un novo punto e seguido na nosa historia é pertinente atallar a sempre dura cuestión da definición: Que é proxecto-ds? Dito de xeito esaxerado, proxecto-ds, sen ter que ver case coa arte, é coma un movemento artístico, é dicir, un concepto e unha filosofía á que sumarse de xeito activo ou pasivo, de xeito total ou parcial, de xeito colectivo (neste ou noutro) ou individual. O concepto consiste na procura da modernidade sen perder a identidade, afastándonos do asepticismo que algúns ven na modernidade; por suposto este concepto tamén é difuso e cada quen interprétao con matices persoais e atállao de xeito diferente. Proxecto-ds segue unha filosofía activa de “faino + pide axuda” para realizar proxectos acordes cos seus principios. Cun moi particular modus operandi levamos adiante diversos proxectos, que foron dende a participación no Proxecto AvantCraft á realización do programa de radio e-music, pasando polo directorio Podgalego á moda na rúa e algúns outros; pero sempre cunha constante: un espazo na rede para comunicar o colectivo co mundo.

Proxecto-ds leva traballando varios anos, nese tempo os intereses e obxectivos concretos do colectivo foron mudando, como tamén foi mudando o noso espazo global de comunicación tanto a nivel estético, funcional e conceptual. Agora presentámosvos a última modificación de proxectods.org que será un lugar para que os distintos membros do colectivo poidan expresarse libremente en temáticas relacionadas con Proxecto-ds, presentando proxectos, ideas, reflexións, contido divulgativo ou o que cada integrante estime oportuno. Con esta reformulación do espazo tendemos a unha comunicación descentralizada e de xerarquía horizontal, que representa máis axeitadamente a estructura e funcionamento do colectivo.

Agardamos que os cambios vos agraden.

Arturo Álvarez
O xa internacionalmente recoñecido Arturo Álvarez dedicounos uns minutos na súa empresa para falar sobre a súa compañía, os seus proxectos, ademáis de facernos pasar un bo intre entre bastidores no seu taller ás aforas de Santiago.

Pequeno, acolledor e familiar, o edificio-taller de Arturo Álvarez en Vedra (A Coruña) reúne no seu interior a preto dunha vintena de traballadores repartidos en diferentes seccións pero sempre en contacto e sendo Arturo Álvarez un máis deles. Arturo, que non cre que o seu traballo deba ser considerado unicamente como deseño industrial, traballa moi a miúdo alí no taller, xogando e experimentando con novos materiais, técnicas… Esta é a súa principal forma de creación: a experimentación e a intuición.

As súas lámpadas, que moitos recoñecerán polas súas aparicións televisivas, son froito da sensibilidade e o bo saber facer de Arturo e o seu equipo de artesáns que coidan cada detalle no proceso de fabricación, desde os vidros utilizados ata a cor final. É así como se chega á calidade final que presentan lámpadas como as da colección Vento ou a súa xa clásica colección Curvas. Calidade que se aprecia ao fin, cando a lámpada crea o ambiente desexado na súa localización final, algo que as luminarias de Arturo logran con facilidade.

O valor dos seus produtos increméntase grazas á firma de Arturo Álvarez que se grava en cada lámpada garantindo a autenticidade máis aló do cartón identificativo co número de serie. Devandita firma é segundo a empresa “a marca do noso amor polo traballo ben feito”. A súa produción está limitada a unha certa cantidade de lámpadas, un dos factores que fan que Arturo Álvarez non teña que preocuparse por outros fabricantes ou distribuidores de lámpadas como IKEA. O cliente que compra unha lámpada Bety aprecia o traballo manual, o coidado e o tratamento artesanal e polo tanto único que cada ítem presenta ao finalizar a súa fabricación.

Non teñen competidores directos a nivel nacional pero aínda conservan o afán de superarse a si mesmos que supón un reto moito maior que o inimigo alleo. Para conseguilo están experimentando con novos materiais como a silicona e buscando novos produtos como as coleccións Nevo e Gea que foron presentadas este mesmo ano.

Nestas novas intencións e proxectos de Arturo Álvarez atópase o seu desexo de achegar a empresa a unha pequena editora de deseño. En palabras de Pablo, man dereita de Arturo: “… un efecto marketing. Nós aquí temos, entre comiñas, bastante potencial de deseño, ideas non nos faltan, o que se busca é abrir agora a empresa ao que é unha editora de deseño para protexer a empresa e evolucionar… os chineses están aí, que son uns máquinas e cópianche isto en nada. O que interesa é ter un deseño moi forte, unha comercialización moi forte e efectiva e unha marca moi protexida”. Nesta nova vía inclúese o proxecto que Arturo e Hector Serrano realizaron este ano ao crear a colección V, realizada con policarbonato inxectado e que está composta por dous modelos de colgante e unha lámpada de pé.

A este artigo tiñámoslle ganas, non podemos negalo, pero por cuestións da nova web non puidemos publicalo no seu momento e decidimos gardalo ata que todo estivese ben. Desde aquí pedimos desculpas a Arturo Álvarez polo atraso.

Avantcraft. Inauguración
Dentro dunha antiga capela toda pintada de branco, o chan cuberto de area. A través de pequenos buracos e en vitrinas expóñense os obxectos de artesanía. Cerámica, vidro, tecidos, peles…

Artesanía e deseño xúntanse e transfórmanse en obxectos, combinando formas orgánicas e xeométricas. Logo de obsequiar aos presentes cun paquete de postais das pezas expostas e finalizado o discurso innaugural, un grupo de actores realizou unha performance pechando o acto.

Avantcraft. Entrevista vaixela Nao
Dous dos integrantes de Proxecto-ds, Danny Goyanes e Anxo López, participaron no proxecto Avantcraft mediante o deseño dunha vaixela. A vaixela chámase “Nao” e está composta de prato fondo, prato chan e xogo de café. “Nao” está inspirada na idea de movemento e forza do oceáno Atlántico, seguindo as pautas conceptuais do proxecto Avantcraft. A vaixela, xunto con outras pezas de diferentes creadores de toda Europa, pódese ver até o 18 de Novembro na exposición “A forza do Atlántico” na sala de exposicións do CentrAD, Capela de Santa María (Ronda da Muralla, s/n – Lugo). E quen mellor que eles mesmos para falarnos do proxecto e do seu traballo. Así que lles quixemos facer algunha que outra pregunta.

¿Qué significa para vos a vaixela?

Danny: A vaixela foi para nós unha oportunidade para embarcarnos neste gran proxecto chamado Avantcraft. Ser tan novo e estar ahí, entre tanta calidade é un luxo que non todos poden disfrutar. A vaixela era o noso ticket de entrada.

Anxo: Supuxo unha oportunidade e tamén un gran reto. Se me preguntasen hai un tempo se tiña pensado deseñar unha vaixela, seguramente tería dito que non, que nunca se me pasou pola cabeza. Pero propuxéronnolo, pareceunos interesante e mira ahí está.

Sodes novos, xoves creadores, e isto supón una novidade e una gran oportunidade para vos. Que sinte un deseñador ó ver unha creación propia como algo tanxible?

Danny: A verdade é que a min xa me apetece moito poder tomar unha cunca de caldo nela, e logo un cafeliño. Síntese emoción e orgullo, moito orgullo.

Anxo: Feito. Que será o seguinte? (Pequena risa) Despois de certo tempo traballando no proxecto xa vas vendo como as cousas van tomando forma e como todo vai saíndo pouco a pouco, cando o ves rematado, só podes esperar que lle guste a xente, que lles parezca interesante, e que queran máis de nós.

Uha vez rematado o proceso, ¿como valorades a experiencia Avantcraft?

Danny: Pois aínda queda camiño, aínda que cando o outro día me dixeron o tempo que levávamos co proxecto sorprendinme, pensei, tanto? pero xa sabes, cando algo é agradable, o tempo voa.

Anxo: É certo, todavía non está completamente rematado, aínda esta pendente a producción. Pero dende que nos propuxeron participar, hai xa máis de un ano, todo foron boas experienzas. Sempre tivemos absoluta liberdade para levar a cabo o noso traballo. O certo e que en Avantcraft traballamos moi agusto, coñecemos a xente moi interesante e aprendemos moito, que é o máis importante.

Avantcraft bebe da cultura dos pobos que viven ás beiras do Atlántico. ¿Credes que estamos culturalmente máis preto de Kilkenny que de Cáceres?

Danny: A cultura e moi difícil de cuantificar, eu creo que temos moitas cousas en común con ambos, ainda así Galicia ten uns 1500 km de costa atlántica, é Kilkenny non ten costa.

Anxo: Vivimos nun mundo absolutamente global, nunca foi tan fácil coñecer o que pasa na outra punta do mundo, como nos nosos días. Pero non só virtualmente, se non fisicamente. O realmente interesante e poder amosar tanto a alguén de Cáceres como a alguen de Kilkenny, un producto que van a entender, un producto que forma parte de este entramado global, pero o mesmo tempo ten algo que o identifica culturalmente. E que ámbolos dous digan: eu quero esa vaixela. E a vaixela seña galega.

Coñecendo as iniciativas de fusión de arte, artesanía e industria dende hai máis de cen anos, pasando por exemplos tan variopintos como a Bauhaus ou Sargadelos, seguen aparecendo modelos como Avancraft. ¿Lograrán algún día calar de verdade?

Danny: Bauhaus e Sargadelos non calaron xa?. A liña que separa industria e artesanía é moi fificil de debuxar, pero eu creo que si, que algún día a xente se dará conta de que a artesanía non debe xulgarse pola complexidade de realización dun obxeto, nin pola súa ornamentación, pouco a pouco a xente sabe consumir mellor, son máis intelixentes e saben ler máis aló da ornamentación. Nós cremos que sí, que a artesanía, a industria, a arte e o deseño poden, se non fusionarse, si ir una moi a caron da outra.

Anxo: Penso que xa ninguen pretende a fusión universal. O modelo único, ou a solución única. As relacións comerciais e a fabricación teñen moito que decir en todo esto. Avantcraft aposta por un modelo que permite crear productos diferenciados, para un público que quere algo novedoso, actual, pero o mesmo tempo busca un xeito de producir dinámico, que non someta a fabricación a grandes series, buscando sempre a modernización do artesanato, apostando polas novas tecnoloxías. Non se rexeitan os outros modos de facer as cousas, simplemente se procura unha nova vía máis rápida de ofrecer algo a un público que quere “algo máis” do que xa ten e coñece.

¿É necesaria esta fusión de arte, artesanía e industria ou xa existe a través do deseño?

Danny: Iso depende do deseñador o que lle preguntes, eu creo que o arte e a artesanía son pezas clave no mundo do deseño, a súa liberdade e moi importante para nós, teñen moito que ensinar o mundo do deseño, sempre que estemos dispostos a escoitar. Pero si creo que a chave é que todo antes de ser producido debe pasar polo deseño.

Anxo: Quizáis o problema é a percepción que temos de cada un destes termos, para min, hai entre eles un fluir moi próximo. No caso de Avantcraft a fusión é a forma de ofrecer algo diferente.

O voso é o mundo do deseño, ¿que aprendestes do mundo da artesanía? Que credes que debera ter aprendido a artesanía do deseño?

Danny: Pouca xente coñece tan ben o material e as súas capacidades, características, peculiaridades, límites, etc. como un artesán, eles establecen un diálogo co material e saben plasmar como ninguén a súa poesía nun obxeto. Creo que eles deben aprender a cuestionarse certas mecánicas de realización. Grazas a que no século XIX un artesán chamado Thonet se cuestionou o método de realización dunha cadeira hoxe en día seguemos fabricando as suás cadeiras de madeira curvada. Deben aprender a que o obxeto non vive por el mesmo, vive grazas a interacción con nós, e os obxetos artesanais moitas veces só poden acabar decorando unha vitrina.

Anxo: A artesanía é un mundo moi interesante, xa que ten unha especialización incrible, eso ofrece excelentes resultados, técnicamente perfectos. Os deseñadores en termos xerais carecen desa especialización nunha determinada técnica, e ademáis non ofrecen por si mesmos resultados tanxibles, eso en cambio dalle unha axilidade resolutiva a profesión, que lle permite ofrecer solucións rápidas e servir de ponte entre moitas disciplinas. Quizás a artesanía máis tradicional debería mirar cara novos mercados e demandas, e tan só esa observación dos novos tempos, implicaría iniciarse nunha dinámica de cambios.

Avantcraft. Novos aires dende o Atlántico.
Avantcraft é o acrónimo dun proxecto europeo titulado “Novos deseñadores, novas formas, novos modos, novos tempos para a cultura Atlántica”. O proxecto nado no ano 2005 con vocación transnacional, implica a catro países atlánticos co fin de procurar conxuntamente o fortalecemento da identidade común destas áreas, mediante a creatividade, a innovación e a comunicación. Dende España, Portugal, Irlanda e Francia, artéllase todo o proxecto. Diferentes son as formas de entender a relación entre a terra e o mar das zoas atlánticas, e é dende a diversidade que aportan estás culturas, é de onde xurden unha serie de coleccións nas que a modernidade, a tradición, as novas tecnoloxías e materiais, xunto co saber facer artesanal camiñan da man para nos brindar novas formas e modos.

O proxecto Avantcraft está financiado con fondos europeos de desenvovemento rexionais (FEDER). E está coordinado para toda Europa dende España, a fronte do proxecto está o CentrAD (Centro de artesanía e deseño) de Lugo; en Portugal e socio o Cearte (Centro de Formaçao Profissional do Artesanato) de Coimbra; en Irlanda o CCoI (Craft Council of Ireland) en Kilkenny; e en Francia o socio é a PRMA (Association Pôle Regional des Métiers d´Art) de Niort.

Non se pode entender o proxecto Avantcraft nun contexto diferente ó actual. A situación dos mercados internacionais impón unha uniformidade global que dificulta a competitividade dos modelos de negocio máis tradicionais e xeralmente de ámbito local. A modernización destos sectores productivos tradicionais é unha clara aposta polo futuro, xa que estos proporcionan unha axilidade productiva que non se pode alcanzar dende os máis ríxidos sistemas industriais. Esta axilidade productiva permite adaptarse con facilidade as novas necesidades e os novos mercados, o mesmo tempo que facilita o acceso a mercados máis especializados.

A realidade é que non son moitos os artesáns que que na actualidade se profesionalizaron dacordo os novos tempos, buscando novas vías; no deseño, na innovación tecnolóxica ou optimizando a xestión do seu negocio. Dende o proxecto que se veu desenvolvendo en diferentes fases dende hai máis de dous anos, buscouse facilitar todo tipo de información as empresas artesanais dos paises implicados no proxecto. Para esto desenvolvéronse workshops, encontros, xornadas de análise de tendencias, de materiais, de novas tecnoloxías, etc. Tamén se desenvolveu unha gran recopilación de documentación en todos estas actividades, que se atopa dixitalizada e poderá ser consultada por quen o precise e o desexe. Os encontros nos que participaban artesanos e deseñadores, por outra banda facilitaban o achegamento entre as dúas disciplinas, que como se pretende, non deben camiñar por separado.

Avantcraft, que a priori podería parecer un proxecto de face lifting do artesanato local, vai moito máis alá dun cambio de imaxe, o traballo comeza dende os cimentos e vai dando pasos para conseguir unha mellora total e continuada no tempo. As súas intervencións cotribúen a mellora da pequena empresa local, facilitan as interconexións e as deslocalizacións destas empresas dentro do ámbito europeo.