Xosé Ramón de la Puente Romay
Lugo, 1984.
Incorporado a Proxecto-ds prácticamente dende os seus primeiros pasos. Enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña, actualmente está a traballar no grupo de investigación IRLab, en proxectos relacionados coa recuperación de información e as tecnoloxías móbiles.
Dentro do marco de Proxecto-ds colaborou en varias tempadas de e-music, coa realización dunha sección de novas tecnoloxías, así como aportando contidos na primeira plataforma de comunicación do colectivo, Conecta-ds.