Txiki Calvo

Ferrol, século XX.

Colaborador ocasional do Proxecto-ds na andaina radiofónica de e-music. Leva décadas adicado ao facto cultural galego baixo diferentes disfraces. Como puntos destacábeis a súa participación como presentador no primeiro programa de tv de música alternativa “Gorevisión” alá nos primeiros noventa na televisión local de Narón. Manager dos Blood Filloas na súa época máis salientábel, ademáis de ser un dos pioneiros na música galega como webmaster amateur deseñando a páxina da propia banda. Foi tamén Xefe de produción da curtametraxe dirixida por C. A. Alonso “As Muxicas”. Colaborador na desaparecida revista online Sonotone e no programa radiofónico Radio Oceánica (actualmente na Radio Galega Música). Foi tamén cantante do desaparecdido grupo Supercablekis. Máis recentemente foi xefe de produto e contidos dixitais en Lonxa Cultural, ademáis de responsábel do portal de venda online de cultura galega toupa.net.

Actualmente atópase traballando nun ensaio que aparecerá ao longo deste 2011 e no lanzamento dun novo selo editorial.