Sak
Algún lugar, 1984.
Entidade virtual fascinada coa ética hacker e coa informática que non se pode tocar; pensa que as orellas son importantes pois reciben a música e a radio a través delas. Proxecto-ds foi un xeito de activismo social e persoal moi útil para levar adinate proxectos conxuntos, un dos máis importantes foi e-music, primeiro podcast en galego, programa radiofónico e unha das primeiras experiencias da música de vangarda galega en radio, durou catro anos. Podgalego, conecta-ds, lab-ds e a participación na redefinición de usos da Cidade da Cultura, foron algúns dos proxectos levados adiante dentro do colectivo. Participou tamén noutros proxectos externos ao colectivo e ten moreas de ideas agardando ver a luz.