Héctor Anllo Yebra

Castro de Rei, 1990.

Recén incorporado a Proxecto-ds. Foi editor de Trebellos, o primeiro blog comercial en galego, na súa última etapa. Fundou, xunto con dúas persoas máis, o servizo de identificación en galego galizaID, no que tamén se encargou de deseñar a imaxe corporativa e parte da interface da aplicación. Tamén foi coorganizador das xornadas e premios Resaca das Letras e empreGO! na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, onde os papeis din que estuda Publicidade e Relacións Públicas. Actualmente está apurando a súa bolsa Erasmus en Suecia para cambiala por unha Séneca.