Anxo López González
Lugo, 1984.
Co-fundador do colectivo creativo Proxecto-ds, xunto con Sak. É Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial pola Universidade Alfonso X el Sabio de Madrid. Está a piques de licenciarse en Publicidade e Relacións Públicas na Universitat Oberta de Catalunya. Traballa en Madrid como consultor asociado en XVDMC (Xènia Viladàs Design Mangement Consultants) desenvolvendo proxectos de análise estratéxico e de implantación da xestión do deseño en empresas e institucións interesadas en mellorar a través do deseño e a innovación. Tamén exerce como consultor en temas de comunicación. Traballou para institucións como a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, o Consello da Xuventude de Galicia ou o Centro de Artesanía e Deseño. No pasado foi responsable de marketing e comunicación na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.
Como membro do colectivo creativo puxo en marcha Conecta-ds, a primeira plataforma de comunicación do colectivo. Participou como colaborador en diferentes temporadas de E-music, nunha sección sobre deseño, moda e tendencias. Tamén levou a termo a participación de Proxecto-ds no Avantcraft, que se materializaría nunha vaixela. Xunto con Isaac, achegou as ideas do colectivo ao proceso para a definición de usos e contidos da Cidade da Cultura de Galicia.
Para profundizar no seu traballo, recomendamos visitar a súa páxina web: www.anxolopez.eu